Finde de pandereteiras LGTBIQ+ no Casino Carballo
Este sábado 14 de xuño ven cargado de actividade no Casino de Carballo. A xornada comezará ás 12:30 do mediodía coa presentación do libro “ As Vellas de Mens”:
Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 ás mulleres que contribuíron á lírica popular oral, Jose Manuel Fernández Pensado, Manel de Aturuxo, acheganos un relato de primeira man das “Vellas de Mens” dende a perspectiva de quen as viu apaecer no 1972 e coas que conviviu artísticamente por 20 anos compartindo infinidade de vivencias con elas e as súas familias.
O autor estará acompañado por Manuel Rico Verea, docente musicólogo e escritor e Xosé Manuel Varela Varela, filólogo e docente.
Xa pola tarde, a partir das 18:30, a asociación O Curruncho Cuir, o novo colectivo LGTBIQ+ de Carballo, organiza un espazo para pensar, sentir e celebrar dende as marxes, dende o corpo e dende o coidado, cos seguintes contidos:
O evento comezará cunha mesa-coloquio no que participaran Miguel Vieito Villar, Avogado especialista en Dereito contra a Discriminación, Tamara R. Pereira, Educadora social, experta en educación sexual integral, mundo emocional e alta sensibilidade e Inés López – Mestra de Educación Primaria
A partir das 20:00h – FESTA INCLUSIVA CUIR con música, espazo seguro e amor bonito, do combativo.