O FIOT recupera a extrea do espectáculo "Territorio Regueifa"

Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira xunto a Xosé A. Touriñán no #FIOT34 © Vanessa Rábade

Tivo que ser cancelada o pasado mes de outubro, no marco da 34ª edición do FIOT, por unha baixa médica dun dos intérpretes. Pero agora está todo o elenco listo para retomar a gran estrea absoluta de ‘Territorio Regueifa’. Trátase dunha coprodución do propio Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. 

As entradas para a obra, cuxa representación terá lugar o venres 6 de febreiro, ás 21.00h, no Auditorio do Pazo, estarán dispoñibles no mes de xaneiro.

A proposta quere levar a maxia da improvisación oral a novos públicos, consolidando a regueifa como un patrimonio vivo, capaz de unir humor, emoción e coñecemento nun espectáculo participativo e festivo. Ademais, fai fachenda de Bergantiños como un dos berces desta arte da literatura oral do país.

Máis novas