A Galería Manolo Eirín estrea este venres unha mostra colectiva que marida cociña e arte

Transformadora a nova exposición que acolle a Galería Manolo Eirin (R/ Estrela 17 - 19 15100 Carballo). "Ingredientes", que mostra as últimas obras de Ruth Vidal, Xosé Espona, Pablo Maojo, Álvaro de la Vega, Verónica Moar, Peter Kramer, TUSET, Vari Caramés e o propio Eirin, terá a súa inauguración este venres, 10 de abril, as 18:30h.

A proposta formúlase dende a idea de que "Cociñar e facer arte comparten ese territorio incerto onde a materia deixa de ser o que é para converterse noutra cousa". E ”Ingredientes” parte desa intuición: "entender a exposición como un receitario aberto, onde cada obra non é un resultado pechado, senón un cacerola en plena ebulición".

Máis que unha exposición ao uso, “Ingredientes” é unha invitación para deterse nos procesos, a mirar como as cousas se transforman e a asumir que, na arte como na cociña, nunca hai unha única receita posible, cada xesta conta. Porque quizá o esencial non sexa o que vemos, senón todo o que ocorre antes —e despois— de que algo chegue a tomar forma.