Horarios do servizo de recollida de residuos durante as festas de Nadal en Carballo

Camión do Lixo Dado que non serve tirar o lixo a calquera hora, bo será saber que horario é o adecuado en datas tan especiais como as que se avecinan. En Carballo, o servizo municipal de recollida de residuos funcionará con normalidade durante o Nadal, aínda que os horarios adaptaranse para que o persoal poida celebrar as festas en familia. Deste xeito, a retirada do lixo realizarase os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro pola mañá, entre as 06.00 e as 13.00 horas. Dous camións de recollida de residuos sólidos urbanos e un camión bicompartimentado para plástico e cartón realizarán os seus percorridos habituais, pero en diferentes horarios. Polo que respecta ao punto limpo, situado no polígono industrial de Bértoa, tamén funcionará con normalidade agás o día de Reis, no que estará pechado.