Un incendio nun garaxe da Milagrosa calcina un vehículo

Apenas uns días despois do incendio dun vehículo na Laracha, os Bombeiros de Carballo tiveron que volver a acodir a un suceso semellante. Desta volta foi nun garaxe a Carballo, no soto do edificio nº196 da Avenida Milagrosa pero para o que o único acceso é pola rúa Río Tambre.

Saía moito fume por uns ventanais cando chegaron os Bombeiros que entraron e comprobaron que un vehículo estaba ardendo. Procederon á extinción empregando 500 litros de auga e á ventilación do local.

Os Bombeiros descoñecen a orixe do incendio, que queimou case por completo o vehículo e afectou por calor ao vehículo que estaba ao lado. En total había 5 vehículos no interior do garaxe.