Investigan a caída dunha muller dende un cuarto piso en Carballo
17 de xaneiro de 2024 (14:48 h.)
Esta mañá, arredor das 11:00h, a Policía Local, Garda Civil e técnicos do 061 tiñan que achegarse ata a Avenida de Fisterra, en Carballo, por unha caída dunha muller dende un cuarto piso.
A muller tivo que ser evacuada, semiinsconsciente, nunha ambulancia ao CHUAC.
As primeiras hipóteses apuntan a que puido deberse dunha caída "fortuíta", pero a Garda Civil investiga o suceso.