Investigan un veciño por gravar nas duchas ás rapazas dun equipo de balonmán en Carballo
24 de abril de 2025 (11:51 h.)
Hai apenas 3 semanas que as familias das xogadoras (de 15 e 16 anos) dun equipo de balonmán de Carballo, denunciaba ante a Garda Civil, unhas gravacións realizadas nos seus vestiarios. As rapazas descubrían un teléfono móbil gravando nas duchas, e alertaban dos feitos.
O Equipo Territorial de Policía Xudicial de Carballo realizou unha investigación que finalizou cun home investigado, entregádose as dilixencias no Xulgado de Instrución de garda de Carballo.