Loli España e Jesús Artextasis expoñen no Garabato

Este domingo 28 de setembro, o Estudo Garabato de Carballo, inaugurará as 13:30 horas (sesión vermú) a exposición pictórica, fotográfica, escultórica e performática "incógnitos" de Loli España e Jesús Artextasis.

"Calzar con elegancia dous zapatos desemparellados é combinar nunha soa exposición a dous artistas contrastantes"

INCOGNITOS son dous artistas, compañeiros e amigos da Coruña, afincados unha en Coristanco e o outro na comarca de Bergantiños, Loli e Jesús... que, con unha estética e plástica diferente pero con un pensamento coincidente, abordan os seus traballos con garra e sentimento desde as súas obras gráficas de pintura, vídeo, collage e gravado.    

Dacordo con Mon Lendoiro, ambos presentan os seus traballos recentes envoltos coa música de Susana de Lorenzo que deleitará  coas súas cancións no día  da inauguración o 28 de setembro as 13.00 horas na Galería Garabato en Carballo.