Máis dun centenar de moz@s xa se inscribiron na Feira de Emprego que a Cámara organiza este xoves en Carballo

Imaxe dunha Feira de Emprego da Cámara de Comercio na Coruña

Empresas de distintos sectores, como Grupo Calvo, Gadisa, Herfraga, Mapfre ou Prosegur, recollerán currículos e farán entrevistas de traballo
 

Máis de 100 mozos e un total de 20 empresas inscribíronse ata o momento para participar na IV Feira de Emprego da Cámara de Comercio da Coruña, que por primeira vez celebrarase en Carballo. Será o próximo 4 de abril, no auditorio de Fórum Carballo, de 10.00 a 14.00 horas.

No acto de apertura, cuxa inauguración correrá a cargo do presidente e do director xeral da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro e Gonzalo Ortiz, respectivamente, participará o xornalista Luís Fraga, que na súa intervención explicará aos mozos a importancia do esforzo e tamén a necesidade de prepararse a conciencia para superar con éxito os procesos de selección laboral, cada vez máis competitivos. O acto tamén contará coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Na súa aposta por combater o paro xuvenil, a entidade cameral organizou para o xoves, 4 de abril, unha intensa xornada onde os mozos poderán entregar o seu currículo e entrevistarse con responsables de Recursos Humanos dalgunhas das empresas máis punteiras da provincia, ademais de asistir a charlas impartidas por destacados expertos en empregabilidade, xestión de emocións e autoempleo.

Grupo Calvo, Gadisa, Herfraga, Softtek, Vegalsa-Eroski, Mapfre e Prosegur son algunhas das 20 empresas que xa confirmaron a súa presenza na feira, contando ademais con procesos de selección abertos.

O requisito, estar no Programa de Garantía Xuvenil.

Para participar na IV Feira de Emprego é necesario estar inscrito no Programa de Garantía Xuvenil que impulsa a Cámara de Comercio da Coruña desde 2015. Neste sentido, desde a institución animan a formar parte da iniciativa e a apuntarse. A inscripción é gratuita e debe facerse na web www.feriaempleocoruna.es. As persoas interesadas en ter máis información poden chamar ao 981 216 072.

 

Máis información