“Máis que un Teito”: En marcha as novas Escolas de Pais e Nais de Vieiro
A Asociación Vieiro presenta unha nova edición do programa “Máis que un Teito”, unha proposta gratuíta para acompañar a nais, pais e persoas con responsabilidade educativa na crianza e a convivencia familiar.
“Máis que un Techo” é un espazo de apoio onde compartir experiencias, aprender ferramentas útiles e mellorar o benestar no fogar. Trátase dun espazo de encontro e aprendizaxe no que se ofrecen recursos prácticos e dinámicos para fortalecer a comunicación, a convivencia e as relacións familiares. As sesións desenvólvense nun ambiente próximo e participativo, favorecendo o intercambio de experiencias e facilitando a posta en práctica do aprendido.
Durante o programa trabállanse contidos clave para o desenvolvemento de nenos, nenas e adolescentes, como a comunicación e o afecto, a autoestima e a xestión emocional, os estilos educativos, as normas e os límites, a resolución de conflitos e a disciplina positiva, as etapas evolutivas, a coeducación, a sexualidade, as adiccións, as técnicas de estudo e os trastornos infanto-xuvenís, entre outros.
O programa “Más que un Techo” inicia novos grupos en:
- CEIP “Milladoiro” de Malpica: luns 26 de xaneiro, de 19:00 a 20:30 horas, no Centro Cívico de Malpica.
- CPI “Cabo da Area” de Laxe: martes 27 de xaneiro, de 18:00 a 19:30 horas, no centro educativo de Laxe.
- CEIP “Bergantiños” de Carballo: mércores 28 de xaneiro, de 16:00 a 17:30 horas, no centro educativo.
Ademais, mantén os outros grupos xa en funcionamento:
- Luns: en CPI de Zas, de 16:00 a 17:30 horas, e CEIP de Nétoma-Razo, de 19:00 a 20:30 horas.
- Venres: en sede da Asociación Vieiro, de 19:45 a 21:15 horas.
As persoas interesadas poden inscribirse contactando coa Asociación Vieiro no teléfono 981 75 61 61 ou por WhatsApp ao 604 58 07 15. Para calquera consulta, poden utilizar estas mesmas canles.
A duración do programa prolóngase ata o mes de maio. As sesións teñen unha duración dunha hora e media. Aínda que a participación é totalmente gratuíta, requírese un compromiso de asistencia para favorecer a continuidade e o bo funcionamento dos grupos.