Os Mercados municipais traballan seguindo as normas de seguridade

Mercado de Carballo en tempos de covid

Trala volta á realidade da feira dominical, o Mercado Municipal de Carballo está aberto nesta Fase 1 do plan de desescalada en horario de 08:00 a 15:00 de luns a sábado e tamén os domingos de feira. Faino coas novas marcas no chan que garanten a separación entre os postos de venda e a clientela para manter as distancias de seguridade.

En clave de prevención tamén instalaron carteis informativos, as desinfeccións en días alternos ou a limpeza diaria exhaustiva de cada un dos postos e dos espazos comúns.

Outros mercados, como o de Corcubión, non pararon nunca de traballar.


Feira carballesa en tempos de covid