Mércores e sábado de letras galegas en Carballo
O completíismo programa das Letras Galegas de Carballo arrinca hoxe. A primeira cita é o mércores 30 de abril coa presentación do libro Cancioneiro Serodio (1989-2012) de Xabier Díaz. Un dos nomes propios da música de raíz galega recolle a transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas que foi realizando ao longo de trinta anos de camiño, adornándoos de anécdotas, sorpresas e fantásticas historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións, que redimensionan o concepto de cancioneiro.
A presentación é ás 20.00 horas no Pazo da Cultura con acceso libre ata completar a capacidade. A cita está organizada pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña.
Sábado de Encontro
E a vila xa pensa na xornada do sábado 3 de maio, cando a cultura popular tomará o Pazo da Cultura, de 11.00 a 19.30 horas, coa xornada “Vivan as do meu lugar”. Trátase un encontro para poñer en valor o papel das asociacións e agrupacións de música tradicional de Carballo e de Bergantiños na conservación do patrimonio musical e oral.
Ás 11:00h arrinca cun Encontro de artistas. Con Alana, Mercedes Peón, Su Garrido Pombo e De Ninghures, coa experiencia de catro propostas musicais actuais que crean desde os códigos, os xeitos e os saberes da nosa tradición oral.
Ás 13.00 h. toca vermú con libros coas presentacións do libro Somos Pandeireteiras e da colección Chave Mestra de aCentral Folque, un libro que nace dunha xornada organizada en Carballo no 2021, con Mercedes Peón á cabeza, pero outras seis mulleres galegas contemporáneas (Ana Romaní, María Reimóndez, Andrea Nunes, Susana Sanches Arins, Mercedes Peón e Selina Otero) como coprotagonistas.
Pola tarde, ás 16:00h, o Concello pon en valor a impottancia das asociacións locais na preservación do repertorio tradicional cunha mesa redonda con representantes das asociacións locais Arume de Verdillo, Nemeth, San Campio de Cances, Escola do Alprende e Coro Aires de Bergantiños. Modera a conversa a pandeireteira carballesa Hadri Felpete.
Ás 18:00h, palestra a cargo do compilador Miguel B. Lesta.
Esta xornada dedicada á tradición oral remata co Concerto “Canta, miña compañeira” titulado coma o verso dunha cantiga que lle da nome a todo o Programa das Letras de Carballo. Nel poderemos desfrutar do bo facer das Cantareiras de Arume de Verdillo, das Cantareiras de Nemeth, das Cantareiras de San Campio de Cances, das Cantareiras do Candil e de As Tocadoras do Alprende. A cita é ás 20.00 horas no Pazo da Cultura con entrada libre ata completar capacidade.
Para participar só é necesario realizar unha inscrición previa no enderezo electrónico