Somos Pandeireteiras viviu o seu primeiro encontro interxeracional

Cas prazas esgotadas, o pasado domingo acollía o Pazo da Cultura de Carballo acolleu a primeira xornada pública Somos Pandeireteiras. Tratouse do primeiro encontro deste proxecto, promovido por Mercedes Peón, que trata de articular social e culturalmente a nosa tradición, e que sirva para trasladar a nosa historia de xeración en xeración.
O encontro ofreceu unha serie de conversas e mesas de traballo nas que medio cento de pandeireteiras reflexionaron arredor da situación das tocadoras, como punto desde o que iniciar a construción, entre todas as asistentes, unha rede que vincule e articule as relacións das pandeireteiras da provincia da Coruña.
Mulleres como María Reimóndez, Susana Arins, Andrea Nunes e Ana Romaní compartiron as súas ponencias, introducidas polas Mar da Bouzas (Raigañas), Ana Fernández (AC Rosalía de Castro) e a propia Peón.
Unha das mesas de traballo, coordinada pola xornalista e pandeireteira Selina Otero, centrouse nas experiencias das malpicáis Carmen de Lema, Ermitas do Ánxelo ou Icía Varela (ou Icía do Manso), facendo unha fermosa colaboración interxeracional.