MmmmXeados e Neira Restaurante crean dende Carballo un novo xeado de outono

Novo xeado de cabaza de Mmmm Xeados e Neira Restaurante

Neira Restaurante e Mmmm! Xeados, dous negocios locais de referencia en Carballo, veñen de presentar o seu novo e exclusivo "Xeado de Cabaza, unha proposta gastronómica pensada para poder desfrutar do xeado máis aló do verán.

Esta iniciativa é froito dunha colaboración en I+D entre ambas marcas, que buscou reinventar un produto de tempada tradicional galega, a cabaza, converténdoa nun xeado innovador e delicioso. O resultado é un sabor único que combina a calidez do outono co toque creativo característico de
Mmmm! Xeados e a excelencia culinaria de Neira Restaurante.

O xeado estará dispoñible en ambas localizacións a partir de hoxe, co fin de que clientes, foodies e amantes da gastronomía poidan descubrir e desfrutar desta creación exclusiva. Ademais, Neira Restaurante ofrecerá o xeado como sobremesa na súa carta durante toda a tempada outonal.

Mmmm! Xeados é un despacho de xeados elaborados artesanalmente con produtos 100% naturais e leite pasteurizada de granxas galegas como ingrediente principal.