Unha muller falecida nun incencio no seu piso

Captura da rúa Río Sil

Eran as 13:30h cando se rexistraba un incendio nun piso da rúa Río Sil, en Carballo. Na vivenda vivía unha señora duns 65 anos, con mobilidade reducida, que resultada falecida ao non poder escapar das chamas.

O lume arrasou a cociña e o salón.

O edificio, que consta de catro plantas, tivo que ser desaloxado polos servizos de emerxencia.

Ademais dos Bombeiros de Carballo, desprazábanse ata o lugar Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e a ambulancia do 061.