Unha muller de Sísamo, en estado crítico tras unha agresión machista

  • Última hora: o presunto agresor foi detido no control de acceso da Comandancia en Coruña, tras acudir para entregarse

Mala madrugada en Carballo. Eran as 4:00h cando a Garda Civil descubría un episodio terrible en Sísamo. Á chegada das forzas de seguridade, unha muller, duns 40 anos, estaba tirada na beirarrúa, con graves golpes na cabeza, no que parece un novo episodio de violencia de xénero.

O marido golpearía en numerosas ocasións á muller e desaparecía.

A Garda Civil avisaba ao 112 Galicia solicitando a chegada dos Bombeiros de Carballo para acceder ao domicilio para ver o estado dos dous menores, fillos da parella. Policía Local e Protección Civil tamén chegaban ao lugar, así como a ambulancia do 061, que trasladaba á vítima ao Hospital CHUAC.

Mentres contunúa a busca do suposto agresor.