Nova fornada de composteiros para Carballo

Xa son 600 famillias do rural carballés as que participan no programa de compostaxe caseira. E outras 50 poderán facelo a partir de setembro, cando chega outra fornada de composteiros.
As persoas interesadas só teñen que cubrir o impreso que aparece ao final desta nova e presentalo, debidamente cuberto, no Rexistro Municipal (con cita previa no 981 704 100) ou no Rexistro Telemático, ao que se accede a Sede Electrónica de www.carballo.gal. O único requisito é dispoñer dunha parcela de 50 metros cadrados como mínimo.

Programas combinados

O programa combínase coa iniciativa urbana “Tiu tes a chave”, que conta xa con 1.300 participantes, e que ademais de contribuír á redución do lixo, facilita ás familias da zona rural a utilización dun abono de calidade nas hortas domésticas. Dúas iniciativas que permiten converter en compost 450 toneladas de residuos orgánicos.