Nova xubilación en Carballo

Isabel Pichel traballou case 38 anos como funcionaria no concello de Carballo Despois de case 38 anos de servizo no concello de Carballo, sendo unha boa parte deles na biblioteca municipal, Isabel Pichel acaba de xubilarse. Con tal motivo, o concello rendiulle unha homenaxe. Así mesmo, enviamos imaxes da despedida da funcionaria municipal Isabel Pichel, que vén de xubilarse despois de case 38 anos de servizo no Concello de Carballo, boa parte deles na biblioteca municipal. No acto estiveron presentes o alcalde, a concelleira de Persoal - Belén Lendoiro - e o de Cultura - Marcos Trigo -así como un bo número de compañeiros e compañeiras, que lle fixeron entrega de varios agasallos. O alcalde, pola súa banda, entregoulle como recordo un carballo de Sargadelos.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo