Novo atropelo en Carballo

Captura da Rúa Luis Calvo de Carballo Unha muller resultaba ferida tras ser atropelada por un turismo na tarde noite do pasado luns. Corrían ás 20:30 cando cruzaba un paso de peóns da Rúa Luis Calvo, á altura do número 16, sen ser vista por un turismo que a arroiaba, tendo que ser trasladada en ambulancia polos técnicos sanitarios ao centro hospitalario de referencia. O 112 Galicia, mobilizada ademais do persoal sanitario, axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade. Os Bombeiros de Bergantiños tamén foron informados.

Fonte

Axega