Novo atropelo mortal na recta de Rus

Esta mañá de venres un home de 94 anos perdía a vida ao ser atropelado na recta de Rus, na parroquia carballesa, a altura do bar de Lino. Un novo accidente na perigosa DP-1914, a estrada con Santiago, que ten nesa recta un dos puntos negros da comarca.

O 112 tiña constancia do suceso ás 9:30h, e mobilizada aos sanitarios, que malia os seus esforzos nada puideron facer por salvarlle a vida.

Tamén interviron os Bombeiros de Carballo, Garda Civil, Policía Local, e Protección Civil.

Novas relacionadas