O Apalpador visita a biblioteca Rego da Balsa

apalpador-rego-da-balsa A biblioteca Rego da Balsa recibiu xa a visita do Apalpador recén chegado do Courel coa axuda da asociación ambiental Senda Nova. Unha vez alí, ademais de recibir aos nenos e nenas de Carballo, aproveitou a ocasión para inaugurar "O Apalpador Imaxinado", unha exposición de muriais que os propios nenos e nenas de Bergantiños se encargaron de elaborar o pasado Nadal e na que se pretende poñer en valor a súa figura a través do proxecto "O Apalpador na Escola". O carboeiro do Courel continuará estes días polos distintos centros educativos de Bergantiños para que os nenos e nenas lles axuden a protexer o lobo galego. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Senda Nova