O Casino de Carballo sigue buscando fondos para salvarse

Socios e colaboradores decidiron na última asamblea salvar o edificio do Casino de Carballo cos seus microcrédios. Imaxe: Casino1889 Ainda que se está indo polo bo camiño, a directiva do Casino de Carballo pide un novo impulos para salvar un dos espazos sociais e culturais de referencia en toda a comarca. Na asamblea de socios e socias da semana pasada, decidiuse que salvarían o edificio da especulación urbanística coas achegas persoais. O paso dado xa foi grande ainda a directiva do Casino1889 fai un novo chamamento a toda a veciñanza "xa que precisamos un último impulso e non será posible sen vós". Aquelas persoas que queiran facer a súa achega económica poden facelo a través do número de conta ES90 2080 3118 1430 4000 6165 (Abanca) indicando no concepto se se trata dun préstamo ou dunha doazón e entregando á directiva. Ademais, o futuro do Casino carballés volverá a decidirse na reunión que terá lugar mañá mércores, ás 21:00 horas, polo que é necesario que asistan todos os socios e socias e todos aqueles veciños e veciñas comprometidos co Casino.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-socios-e-colaboradores-salvaran-o-casino-cos-seus-microcreditos/ https://quepasanacosta.gal/a-directiva-do-casino-de-carballo-fai-un-chamamento-a-toda-a-vecinanza-para-que-participe-na-asamblea-de-hoxe/ “O Casino1889 recuperou o histórico Certame Poético Festas Minervais para festexar as #LetrasGalegas” — Que pasa na costa “Nace o círculo feminista de Carballo” — Que pasa na costa “O Casino renace coas portas máis abertas que nunca” — Que pasa na costa Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Casino de Carballo