![Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos]()
Socios e colaboradores decidiron na última asamblea salvar o edificio do Casino de Carballo cos seus microcrédios. Imaxe: Casino1889
Ainda que se está indo polo bo camiño, a directiva do Casino de Carballo pide un novo impulos para salvar un dos espazos sociais e culturais de referencia en toda a comarca.
Na asamblea de socios e socias da semana pasada, decidiuse que
salvarían o edificio da especulación urbanística coas
achegas persoais.
O paso dado xa foi grande ainda a directiva do Casino1889 fai un novo chamamento a toda a veciñanza "xa que precisamos un último impulso e non será posible sen vós". Aquelas persoas que queiran facer a súa achega económica poden facelo a través do número de conta ES90 2080 3118 1430 4000 6165 (Abanca) indicando no concepto se se trata dun préstamo ou dunha doazón e entregando á directiva.
Ademais, o futuro do Casino carballés volverá a decidirse na reunión que terá lugar mañá mércores, ás 21:00 horas, polo que é necesario que asistan todos os socios e socias e todos aqueles veciños e veciñas comprometidos co Casino.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/os-socios-e-colaboradores-salvaran-o-casino-cos-seus-microcreditos/
https://quepasanacosta.gal/a-directiva-do-casino-de-carballo-fai-un-chamamento-a-toda-a-vecinanza-para-que-participe-na-asamblea-de-hoxe/
“O Casino1889 recuperou o histórico Certame Poético Festas Minervais para festexar as #LetrasGalegas” — Que pasa na costa
“Nace o círculo feminista de Carballo” — Que pasa na costa
“O Casino renace coas portas máis abertas que nunca” — Que pasa na costa
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Casino de Carballo