O cole de Sofán recuperou as súas excursión de fin de curso
18 de maio de 2017 (08:02 h.)
Que importante é ir saíndo para ver mundo. Téñeno claro os membros da Anpa Raiante do CEIP Gándara de Sofán, que levan dende outubro traballando para recuperar con moito traballo e ilusión unha costume perdida no seu centro: a excursión de fin de curso.
Xa había 5 ou 6 anos que non se facía esa excursión de 6º de Primaria. E gracias á ANPA, ás familias, á dirección e as gañas e a implicación de David Cancela e Ana Varela, os rapaces puideron disfrutar desa viaxe que recordarán todas as sáus vidas.
Gozaron das mellores cousas de Barcelona, dende a Sagrada Familia ata Portaventura, pasando mesmo polo circuito de Ferrari Land.
Fonte
- ANPA Raiante.