pavillon-monte-neme-carballo
Xa remataron as obras da renovación dos pavimentos dos pavillóns do IES Monte Neme e o do CEIP Forgar despois de que o concello de Carballo investise 78.529 euros na reparación co fin de adaptados á normativa europea sobre seguridade e confort do deportista. Ademais, dentro do mesmo contrato incluíuse o pintado de pistas para a práctica de diferentes modalidadeque visitaron ambas intalacións deportivas.
No Monte Neme o alcalde e a concelleira estiveron acompañados pola directora do instituto - Rosario Couto - que valorou de forma moi positiva o investimento realizado, xa que permitirá optimizar o uso da instalación tanto dentro como fóra do horario
lectivo. Xunto coa instalación do novo pavimento, no IES estase a proceder nestes momentos á substitución dos canlóns da cuberta para evitar humidades, e ademais atópase en fase de contratación o proxecto de ampliación do centro que acometerá a
consellería de Educación cun orzamento próximo ao millón de euros e que suporá un salto cualitativo nas instalacións.
No pavillón do CEIP Fogar a nova pista xa estaba utilizándose onte polas nenas e os nenos que participan no campamento de verán das Escolas de Balonmán Xiria. Coa instalación dos novos pavimentos deportivos, o goberno municipal cumpre o
compromiso acadado nos convenios de colaboración con ámbolos dous centros para que as instalacións deportivas poidan ser xestionadas polo propio concello, a través do servizo de Carballo Deporte, fóra do horario lectivo, coa finalidade de poñelas a
disposición das entidades deportivas do noso concello, que cada vez desenvolven una actividade máis intensa.
Xunta de Goberno
Por outra banda, a aprobación da oferta de emprego público do Concello de Carballo para o ano 2017 é un dos asuntos que abordará a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do próximo luns. Na orde do día figuran tamén un convenio coa Deputación da Coruña para o financiamento do "Proxecto piloto de mellora da contorna urbana mediante intervencións artísticas en medianeiras descubertas REXENERAFEST", as bases da convocatoria de becas escolares, entre outros asuntos.
Fonte