Os empresarios do polígono de Carballo reclaman un plan director

Membros da asociación de empresarios do polígono de Carballo trasladáronlle onte a Francisco Conde - representante do Partido Popular e candidato número 1 por Lugo- a necesidade de impulsar un plan director do polígono "xa que constitúe a área empresarial máis dinámica da Costa da Morte e unha das máis relevantes da provincia da Coruña", sinalaron. Segundo manifestaron os populares, nese plan director podería integrarse a posta en marcha de novas infraestruturas viarias para conectar o polígono coas futuras fases de ampliación que están previstas. Con motivo da visita do político popular, os empresarios consideran que o elevado ritmo de crecemento desta área industrial esixe a execución de tres novas vías sobre a autopista AG-55, que xa foron solicitadas e que transitarían polas tres pontes construidas na actualidade. Ademais, os donos do polígono consideran prioritario que se poña en marcha canto antes a construción da circunvalación - contemplada no PXOM - ue conectará o polígono co centro da cidade sen ter que pasar pola nacional AC-552. Cambio de sede No curto prazo, un dos aspectos que máis preocupa á asociación é a ubicación da súa nova sede dentro do polígono industrial. Para iso, é necesario que se faga efectivo o traslado das oficinas do Servizo de Inspección de Sanidade Animal, ubicadas actualmente no edificio do CEPEC -a carón do viveiro de empresas, no acceso ao parque empresarial-, ás instalacións ofertadas en reiteradas ocasións polo concello de Carballo no edificio do Fórum. O pasado mes de agosto, os empresarios de Carballo recibiron a visita de Ana Pontón, número 1 do BNG nas eleccións ao Parlamento do vindeiro 25 de setembro. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Asociación empresarios polígono de Carballo