Os profesionais dos talleres renóvanse

Entre os días 29 de marzo e 4 de abril terá lugar no Fórum de Carballo un curso de "reprogramación de centralitas" organizado pola Asociación de Empresarios do Taller de Reparación de Vehículos de A Coruña - Atreve - grazas ás colaboración do concello de Carballo. O curso ten unha duración de oito horas e impartiráse de 20:30 a 22:30 horas co fin de facilitar a asistencia aos empresarios e traballadores dos talleres da comarca. A matrícula xestionárase a través da Fundación Tripartita polo que as empresas obterán o reintegro do custe da matrícula posteriormente a través do desconto nas cuotas sociais. Os interesados en participar poden enviar un correo electrónico a secretaria@atreve.es o ben cubrir o formulario de contacto da páxina web da Asociación de Empresarios do Taller de Reparación de Vehículos de A Coruña - Atreve -.