Outro accidente en Carballo precisa da limpeza da estrada por parte dos Bombeiros

Durante a mañá de onte mércores 19 de xullo, rexistrábase un novo accidente de tráfico entre dous vehículos sen feridos na AC-416, a Avda. de Malpica na capital carballesa. Un accidente que provocaba unha ampla vertedura de aceite na estrada ademais dos restos dos dous vehículos implicados.

Tiveron que chegar os Bombeiros carballeses para asegurar a zona e posteriormente realizar a limpeza da estrada afectada.

Retirada dunha árbore en Brens

Así mesmo, corrían as 12:00h da mañá cando unha árbore caía na estrada que vén do Ézaro cara Cee a altura do lugar de Brens. Tiveron que acodir os Bombeiros de Cee ata o lugar e na estrada AC 550 a carón do cemiterio de Ameixenda, para retirar unha pequena ábore invade parte do carril de baixada.

 

Accidentes 2017

Fonte

    li>Bombeiros de Carballo.