Outro incendio nunha vivenda carballesa

Un sofá provocou un incendio en Oza Continúan producíndose incendios nas casas da bisbarra ao longo do inverno. Desta volta os Bombeiros de Carballo acodiron ao lugar do Rodo, en Oza, Carballo, arredor das 18:30h da tarde do pasado venres, para sufocar o incendio que se producía no salón dunha vivenda unifamiliar. Os afectados conseguían sufocalo quedando afectado un sofá e parte da habitación, sen resultar feridos. Os Bombeiros ventilaron e comprobaron que non quedou ningún rescaldo do lume.
Incendio nunha casa en Oza