Outro incendio nunha vivenda carballesa
05:08 24/03/18
Un sofá provocou un incendio en Oza
Continúan producíndose incendios nas casas da bisbarra ao longo do inverno. Desta volta os Bombeiros de Carballo acodiron ao lugar do Rodo, en Oza, Carballo, arredor das 18:30h da tarde do pasado venres, para sufocar o incendio que se producía no salón dunha vivenda unifamiliar.
Os afectados conseguían sufocalo quedando afectado un sofá e parte da habitación, sen resultar feridos. Os Bombeiros ventilaron e comprobaron que non quedou ningún rescaldo do lume.
Incendio nunha casa en Oza
Incendios nos últimos tres meses
- 14-02-18: A rápida intervención evita grandes problemas tras un incendio nun bar de Muxía:
- 10-02-18: Novo incendio nunha vivenda, en Muros.
- 07-02-18: Un cadro eléctrico provoca o enésimo incendio nunha vivenda.
- 05-02-18: A Piroga rexistra o décimo incendio nunha vivenda dos últimos dous meses.
- 31-01-18: Sofocado un incendio nunha vivenda de Berdeogas
- 22-01-18: Novo incendio nunha vivenda en Camariñas
- 08-01-18: Novo incendio dunha vivenda en Carnota:
- 04-01-18: Veciños e un Garda Civil evitan que o lume chegue a unha vivenda en Muxía.
- 02-01-18: Evacuada por intoxicación na Ponte do Porto tras unha fuga de gas.
- Decembro 17: Controlan a tempo unha fuga de gas en Cee:
- Decembro 17: Unha familia de Panchés tivo que ser ingresada por unha intoxicación por monóxido de carbono na súa vivenda.
- Decembro 17: Trasladan en ambulancia a unha persoa que sufría un ataque epiléptico por posible intoxicación con monóxido de carbono nun garaxe.
- Decembro 17: Trasladan a unha persoa despois dun incendio na súa vivenda en Carballo.
Outras novas
- Decembro 2017: Os Bombeiros de Cee quedan sen camión de altura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).