As paisaxes imposibles de Mhaseba no Garabato

Este domingo 11 de maio, ás 13:00 horas, na sesión vermú, o estudo Garabato de Carballo, inaugurará a Exposición pictórica "Paisajes imposibles" da artista "Mhaseba"

 

María Haída Serradilla Ballinas é natural de Ponferrada pero reside na Coruña dende 1983. Autodidacta, foi o seu avó o que introduxo no mundo do debuxo e a pintura antes de morrer cando ela tiña só 10 anos. Pero esa semente ficou para sempre.

Nestes tempos trae as súas "Paisaxes imposibles", "obras totalmente meditativas para as que non utilizo referencias, non as planifico, simplemente cando me enfronto ao lenzo déixome guiar pola intuición, permítome fluír sen perseguir outra cousa que crear beleza, transmitir sensacións e provocar emocións en quen as contemple". "Algunhas das miñas pinturas están acompañadas de poemas pois tamén escribo, estes reuninos nun caderno pequeno que sempre sorteo a clausúraa das miñas exposicións entre quen adquiriu unha obra. O meu leit motiv é contribuír a mellorar un pouco o mundo, eu chámoo deixar "pegada animal". Así é que o que pretendo é destinar parte do beneficio dos meus traballos a distintas causas".