Paso adiante dun PXOM de Carballo cunha maior edificabilidade

Fundamental seguir dando pasos adiante co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carballo. E o Concello carballés vén de remitir esta semana o documento para a aprobación provisional do planeamento, despois de máis de 2000 alegacións e 31 comisións de urbanismo celebradas.
Coa inclusión das alegacións, o novo PXOM incrementa a edificabilidade residencial en arredor de 2.500 vivendas, aproximadamente; e tamén incrementa o número de novos asentamentos en 19.

O plan recolle agora todas as incorporacións dos informes preceptivos emitidos pola Xunta de Galicia, incluído parte do de Patrimonio, que foi remitido o pasado mes de maio despois dunha espera de quince meses. Tamén reflicte o informe definitivo de alegacións, no que se recolle que se admitiron 1.027 total ou parcialmente, 912 foron desestimadas e se conclúe que 18 entraron fóra de prazo.

Agora que o documento para aprobación provisional está perfilado, o Concello enviarallo este luns á Xunta para que se elabore a memoria medioambiental, un trámite que dura aproximadamente dous meses. Ao mesmo tempo que a Xunta elabora a memoria medioambiental, convocarase unha Comisión informativa de Urbanismo para o venres 27 de xuño co obxectivo de que todos os grupos municipais comproben o informe de alegacións.

Novas relacionadas

Fonte