Un pesqueiro atopa un cadáver, que podería ser dun veciño malpicán desaparecido, a dúas millas de Baldaio

Este mediodía de mércores 19 de febreiro, barco pesqueiro localizou o cadáver dun home que estaba a flotar no mar, a dúas millas da praia de Baldaio, en Carballo.

Segundo a Garda Civil, a investigación apunta a que podería ser un veciño de Malpica do que se denunciou a súa desaparición nos últimos días.

O 112 alertou Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Carballo, trasladando o corpo ao porto de Oza para a súa identificación.