A poesía invade a feira de Carballo cun encontro taberneiro na Galería Manolo Eirín

Poemarios “Rueiro” de Paco de Tano e “Expurgación” de Diego Cousillas publicados pola Editorial Caldeirón

Este domingo 12 de marzo a partir das 11:00 os amantes da poesía e literatura teñen unha cita axendada na Galería Manolo Eirín da rúa Estrela, número 17 de Carballo con entrada de balde. No evento titulado “POESÍA NA FEIRA” e organizado polo equipo da galería de arte contemporánea Manolo Eirin e a Editorial Caldeirón o público poderá disfrutar de tres recitais poéticos en directo e o acompañamento musical de Martín Marticorena con o Sarangui, un instrumento músical de orixe indio.

En clave taberneira e cun pouco de pan de Carballo do viño de proximidade, do chourizo ou do queixo do país, arrincará os recitais o malpicán Paco de Tano (Petín de Valdeorras, 1952) e o seu último poemario “Rueiro”. Segue o espectáculo con Diego Cousillas (Malpica, 1980) e a súa persoal “Expurgación”. E para rematar a xornada literaria poñerán a guinda dúas mulleres artistas e multidisciplinares María Martícorena (A Coruña, 1977) e Bea Romarty (A Coruña, 1977) coa presentación ao público do perfopoemario “8 poemas para 8 performances” e o libro de artista “TDT Toda de ti”, autoeditado y autopublicado por Bea Romarty de edición limitada que poderás adquirir xunto con outros poemarios inéditos na Galería Manolo Eirin este domingo de feira en Carballo.

Outro recital o 21 de marzo

A poesía tamén estará viva o martes 21 de marzo no recital que acollerá o Espiral Maior Foro.

Novas relacionadas