Presentan en Carballo unha terapia holística para tratar nen@s con necesidades específicas
13 de setembro de 2019 (09:14 h.)
A JKA é unha terapia holística, non invasiva, baseada no movemento e respecta e considera a cada nen@ como un ser humano único e intelixente. Fundaméntase nas ensinanzas do Dr. Feldenkrais e a base de ambos métodos é a neuroplasticidade, é dicir, a capacidade que ten o cerebro para cambiar e reorganizarse a través da creación de novas conexións neuronais e vías de desenvolvemento independientemente da condición do nen@.
En Carballo, a cita será este venres 20:00 horas na Sala 1 do 2º Andar do Pazo da Cultura, e será impartida por Aimará Moreno, terapeuta e docente de este método, que se atopa en Carballo impartindo sesions desde o mércores en nenos e nenas da nosa asociación, no local social da Asociación de Veciños de Sísamo.