O profesor e filósofo Antón Baamonde presenta en Carballo o seu ideario
10 de xuño de 2026 (00:17 h.)
O xoves 11 de xuño, ás 20:00 h., terá lugar en Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) a presentación do ensaio “Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila” (Galaxia, 2026), do que é autor o profesor e filósofo Antón Baamonde.
Participarán no acto, ademais do autor, o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.
"Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila" realiza unha lectura da Galicia actual, combatendo clixés existentes e propondo o
abandono de certas retóricas da pasividade, e sendo conscientes de que, despois do gran cambio económico e social vivido nas últimas
décadas, Galicia entra nun momento crucial da súa historia.