O PSOE de Carballo presenta a súa lista completa
19 de abril de 2023 (22:42 h.)
A Agrupación socialista de Carballo, fai hoxe pública a lista completa da súa candidatura para as próximas eleccións municipais. A lista, que presenta poucos cambios respecto á do 2019, conta con importantes incorporacións, reflectindo a continuidade do grupo de traballo destes últimos anos.
A lista completa é a seguinte.
- 1. María Carmen Vila Blanco, avogada. Portavoz municipal nos últimos 2 mandatos. Repite como candidata por terceira vez.
- 2. Valentín Costa Trillo, detective privado e mestre internacional de xadrez. Concelleiro durante os últimos 8 anos.
- 3. César F. Varela Novo, traballador do sector da seguridade privada e recoñecido sindicalista. Concelleiro durante os últimos 2 anos.
- 4. Mari Carmen Figueiras Britos, profesional do sector asegurador.
- 5. Juan Ramón Rama Pose, traballador do sector das telecomunicacións. Músico profesional.
- 6. Cristina Casás Castro, avogada. Coñecida participante de varias iniciativas veciñais.
- 7. David A. Mato Mariño, profesional do sector da construción. Moi involucrado no. mundo do ciclismo da Costa da Morte.
- 8. Sandra María Rama Pose, funcionaria do Estado. Con praza dende hai anos na nosa localidade.
- 9. Xosé Antón Iglesias García, membro da seguridade pública con máis de 30 anos de servizo.
- 10. Ana Laura Freire Fernández, administrativa. Con diversas implicacións na actividade do barrio.
Completan a lista:
- 11. Daniel Marrozos Romero
- 12. María Isolina Loureiro Tasende
- 13. Víctor Hugo Rocha Silva
- 14. Andrea Patricia De León Gamba
- 15. Óscar Alejandro Torres Pose
- 16. María Esther Pena Seoane
- 17. José A. Vila Lem
- 18. Rosana Silvina Calvo Rodríguez
- 19. Jorge P. Panteón Rodríguez
- 20. María Torres Pose
- 21. José A. Viña Patiño
Suplentes: Karen Noelia Rocha Periscal e Luis Manuel Caamaño Seoane.