Redúcense nun 12% as infraccións rexistradas en Carballo entre os meses de xaneiro e setembro

A xunta local de seguridade do concello de Carballo celebrou onte unha sesión ordinaria A xunta local de Seguridade do concello de Carballo celebrou onte unha sesión ordinaria na que se deron a coñecer os traballos da forzas de seguridade do municipio entre os meses de xaneiro e setembro do presente ano. Así, un dos datos máis destacables é o descento do 12% - con respecto ao mesmo periodo do ano anterior -do número de infraccións. Ademais, a taxa de criminalidade no munipio está dous puntos por debaixo da provincial e tamén é inferior á taxa galega e está moi por debaixo da taxa media do resto do Estado. Dende xaneiro de 2016, a Garda Civil ten efectuado 227 detencións ou investigacións no municipio, o que, segundo o subdelegado do Goberno, Jorge Atán, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, reflicte a "eficiencia" das forzas e corpos de seguridade e redunda nun balance "positivo" dos niveis de seguridade no municipio. O alcalde subliñou, así mesmo, "que o número de actos delictivos rexistrados en Carballo non son máis alarmantes que en calquera outra vila das mesmas dimensións". En todo caso, tanto Atán como Ferrero salientan que existe "moita actividade policial e da Garda Civil" para manter estes índices, aínda que existen persoas puntuais que rexistran "delictos e detencións reiteradas" e que nalgúns casos están sendo investigadas "por ata 30 feitos delictivos". Por tanto, o subdelegado do Goberno informa "dun descenso dos feitos delictivos" no cómputo xeral, a pesar da existencia de determinadas persoas que reinciden na súa actividade criminal. Para iso, Atán reitera a necesidade "de ser o máis precisos posibles na instrución das denuncias" e en confiar nas actuacións das forzas de seguridade e dos estamentos xudiciais para contribuír a reducir aínda máis os índices rexistrados. Durante a reunión o xefe da Policía Local de Carballo - Roberto Mosquera -dou tamén conta do Informe estatístico de incidencias da Policía para o que vai de ano 2016. Entre as conclusións, hai que mencionar un balance "satisfactorio" da campaña de seguridade viaria, que redundou na prevención de accidentes, infraccións e atropelos de peóns. Como cada ano, a vixilancia é prioritaria na contorna dos centros de ensino. Accidentes de tráfico No que do 2016 téñense rexistrado 96 accidentes de tráfico - 27 menos que no mesmo período do ano anterior -. As zonas con máis sinistralidade son a contorna das rúas Gran Vía e Vázquez de Parga. Hai que resaltar que dende o ano 2013 non se ten rexistrado en Carballo ningún falecemento de peóns. No que respecta ao control sobre os vehículos, no que vai de ano téñense realizado seis campañas cun total de 3.189 vehículos controlados. Na xuntanza tamén estiveron presentes Milagros Lantes Seara, concelleira delegada de Seguridade; Ana María Casais Ruiz, concelleira do grupo político municipal do PP; Francisco Javier Souto Facal, responsable de Protección Civil de Carballo; Fernando Pedreira, Tenente Coronel Xefe accidental da Comandancia da Garda Civil de A Coruña; José Javier Castro, Tenente Xefe accidental da Compañía de Carballo; Julio Blanco, Brigada Xefe accidental do posto principal da Garda Civil de Carballo; Javier Teijido, xefe provincial accidental da Policía Autonómica; Eva Vázquez Castelo, vicesecretaria da Delegación do Goberno en Galicia; e Estefanía Canosa de TEGA, e Valentín Costa, do PSOE, convidados, así mesmo, á reunión. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo