Senda Nova pecha a quinta edición da súa Escola Ambiental

O pasado domingo tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza a clasura da 5ª edición da Escola Ambiental Senda Nova Máis de 60 persoas de todas as idades partiparon o pasado domingo na clausura da 5ª edición da Escola Ambiental Senda Nova que tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza. Na Escola Ambiental - unha das actividades principais deste programa - traballaron durante nove meses un grupo de monitores e monitoras voluntarios que trataron a través de diferentes actividades achegar aos 20 nenos e nenas ao patrimonio do seu entorno máis próximo. "Foron 9 meses de intensa actividade todas as fins de semana nos que se desenvolveron máis de 30 actividades de diversas características e en distintos lugares: sesións de aula, camiñadas pola natureza, actividades de horta, obradoiros de convivencia etc", apuntan dende Senda Nova.
Uns 20 nenos e nenas recibiron o seu diploma por participar na Escola Ambiental de Senda Nova A clausura estivo chea de emocións e sorpresas, en forma de agasallos para os participantes, unha merenda rica e saudable para as familias e co acompañamento das cantareiras da asociación cultural Arume de Verdillo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Senda Nova.