Silvia Tasende presenta o seu novo poemario no Casino1889
15 de maio de 2026 (07:46 h.)
Nacida en Carballo a xornalista Silvia Tasende segue demostrando a súa arte na escritura. Desta volta presenta este venres 15, ás 20:00 no Casino1889 de Carballo, a súa última creación literaria, desta volta o poemario "Pel memoria" [Ed. Medulia].
En palabras da autora, "Pel Memoria" presenta o desexo como a forza que precisamos para vivir a vida con plenitude porque "non desexar tamén é morrer de fame".