Sofocada unha cachela que se reactivou nas proximidades da residencia de maiores de Carballo

Os bombeiros do parque provincial de Carballo, sofocaron onte á tarde - ao redor das 16:45 horas - o lume dunha cachela que se reactivou horas despois da noite de San Xoán. 

Ante o risco de que o lume se propagase de novo entre os restos da queima, o operativo centrouse na total extinción das chamas e no arrefriamento do espazo. Nos traballos tamén participaron membros de Protección Civil de Carballo.

A cachela estaba situada nas proximidades da residencia de maiores de Carballo, na zona de San Cristovo.