Traballadores a construción quentan a folga cunha concentración diante da empresa carballesa Vázquez Reino

O vindeiro 5 de novembro hai unha folga no sector da construción convocada pola Federación da Construción e Madeira da CIG (FCM-CIG). E para ir quecendo motores Delegados e delegadas do sindicato concentráronse este xoves en Carballo diante das instalacións  da empresa Vázquez Reino, propiedade do presidente da federación galega da construción.

Os traballadores demandan reivindicación un marco galego que blinde os convenios provinciais e permita avanzar naquelas condicións e materias (como salarios e xornada) que a día de hoxe están reservadas ao convenio estatal. I é que atendendo á modificación lexislativa que prioriza os convenios e acordos interprofesionais autonómicos sobre os estatais-, a CIG leva máis dun ano tentando reunirse coa patronal galega da construción para abordar esta posibilidade, sen obter resposta.

Baixos soldos e longas xornadas

A realidade é que o sector sofre a falta de relexo xeracional, e a patronal leva anos queixándose da falta de man de obra. Pero é que “a xente nova non quere ir para este sector por dúas cuestións fundamentais: os baixos salarios e as extensas xornadas laborais. Neste país, na construción fanse por riba das 40 horas semanais e na maioría dos casos, horas extraordinarias que nin sequera son retribuídas, tamén nas grandes empresas e na obra pública”, critica o secretario nacional da FCM-CIG, Plácido Valencia. 

Así, o colectivo busca avanzar "nun marco galego que reforce a seguridade xurídica da negociación provincial, ao evitar o que aconteceu co convenio da construción de Pontevedra ou co de pintura da Coruña, que foron impugnados pola patronal estatal por recoller melloras por enriba do marco estatal".