Un carballés moi seguro
23 de maio de 2018 (04:32 h.)
O carballés César F. Varela recibía onte da Dirección Xeral da Garda Civil, a mención honorífica máis alta como traballador da seguridade privada. Foi onte nun acto celebrado na Coruña, presidido polo Delegado de Goberno. O que ademais é Secretario de Organización do PSOE de Carballo, amosouse moi satisfeito deste galardón.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).