Un ferido nunha colisión entre tres coches en Carballo

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Carballo despois dunha colisión entre tres vehículos. Ao redor das 16:40 horas, un particular daba a voz de alarma do sinistro que se produciu na avenida de Fisterra, preto dun concesionario de coches. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros de Bergantiños. Tamén se alertou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Accidentes 2017

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112