Un ferido tras un accidente na autoestrada

Corrían as 3:00h cando un vehículo perdía o control e pegaba contra a mediana da autoestrada AG-55, a altura do km 27,8 sentido A Coruña. Nun primeiro momento, o condutor, o único ocuante, non era capaz de saír do vehículo. Pero cando chegaron os Bombeiros de Carballo para excarcelalo, xa conseguira saír, aparentemente sen lesións de gravidade Foi atendido e trasladado polo 061.

O Bombeiros aseguraron a zona retirando restos de plásticos que había na calzada e procederon á desconexión da batería.

Accidentes 2016

Fonte
  • Bombeiros de Carballo.
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)