Un incendio forestal puxo en alerta varias vivendas en Carballo

Incendio Forestal preto do Sixto En Carballo

Este domingo 20 de agosto, un Incendio forestal puxo en alerta varias vivendas entre a Rúa Sira Alonso e o Sixto, en Carballo. Corrían as 16:30h da tarde, cando Protección Civil Carballo, 2 operarios municipais e os Bombeiros acodía ao lugar. O lume avanzaba por unha finca cara unha vivenda e todos colaboraron na extinción.

Foi necesaria a montaxe de dúas liñaa de auga xa que ardía con bastante forza debido a que a vexetación estaba moi seca. Posteriormente chegaron dúas cuadrillas, un axente e unha motobomba de Incendios Forestais e xa se fixeron cargo eles de rematar a extinción e regar o perímetro. Descoñecemos a orixe do lume, que afectou a 0,6 hectáreas de monte raso. O lume non chegou a afectar ás vivendas. Foron necesarios 6.000 litros de auga para extinguir o lume.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Incendios forestais 2017

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).