Urbanismo táctico-artístico nas rúas carballesas

A contorna do CEIP Bergantiños loce xa uns singulares xogos na rúa para que as esperas non sexan tan aburridas. Foron as artistas locais Nerea Rama e Isa Bermúdez as que deseñaron e pintaron estes novos espazos lúdicos roubados aos coches, noutro exercici de urbanismo táctico, que permite a mobilidade dos elementos das rúas cambiando os usos dos espazos urbanos.

Son os primeiros xogos propostos pola Concellaría de Mobilidade para mellorar a seguridade nas zonas escolares, como os desenvoltos na Praza Eduardo Pondal, que conta con máis espazo peonil tras eliminar un dos sentidos de circulación, conseguindo deste xeito un dobre obxectivo: reducir o tráfico e a velocidade de circulación, por unha banda, e estender a zona de xogos, por outra.

As actuacións continuarán estas semanas.