Un veciño de Carballo falece atropelado cando auxiliaba a outro accidentado en Arteixo

Accidente de tráfico no quilómetro 18 da AG-55.

A persoa falecida, un home veciño de Carballo, foi atropelada logo de baixar do seu vehículo para auxiliar a outro que se saíra da vía nun accidente ocorrido previamente con máis vehículos.

Segundo informan os bombeiros de Carballo, que acudiron ao lugar dos feitos, no quilómetro 18 da AG-55, sobre as 7.00 da madrugada, a súa labor foi colaborar co 061 na extracción das vítimas feridas leves.

Foi máis tarde, explican, coa intervención da Garda Civil de atestados, cando se puido subir o vehículo e extraer a persoa falecida que se atopaba debaixo deste, que posteriormente foi trasladada ao furgón dos servicios funenarios.