Vieiro dá a coñecer os seus programas nos centros de ensinanza secundaria de Carballo

As orientadores dos IES de Carballo mantiveron unha reunión con integrantes da xunta directiva de Vieiro Membros da xunta directiva da asociación Vieiro - Fina Rey (presidenta), María del Pilar Mata (secretaria) e María José Dosil (educadora social) mantiveron onte un encontro coas orientadoras dos centros educativos de secundaria de Carballo co fin de darlles a coñecer os distintos programas que promove a entidade co fin de previr a drogodependencia. Mª José Vilarelle (IES Alfredo Brañas), Pilar Seoane (do IES Parga Pondal), Marta Martínez (do IES Monte Neme) e Cristina Baldomir (do CPR Artai) coñeceron os programas que ofrece Vieiro para os centros educactivos; tales como "Saúde na escola" ou "Non pasa nada ¿Pasa algo?" asíc omo as iniciativas de intervión socio-educativa na aula (programa Constrúe, Constrúe o teu mundo, Saúde na Escola, habilidades Socio-Emocionais, Na horta cos meus amigos) así como no ámbito famliar (Escolas de Pais/Nais, familias con fillos/as con primeiros consumos e familias con fillos/as con problemas de conduta).  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Vieiro