Posto da Asociacion Vieiro no San Xoán de Carballo
O pasado día 24 de xuño con motivo das festas do san Xoán de Carballo a Asociación Vieiro levou a cabo o Programa de Prevención de Consumo de Sustancias Adictivas en Espazos de Lecer Nocturno e de Botellón, “A que xogas”, cuxo obxectivo era transmitir á mocidade información adecuada, contrastada, veraz e obxectiva sobre as sustancias adictivas así como aumentar a percepción de risco do consumo de tabaco, hachís, cocaína e outras sustancias no contexto de lecer.
A intervención levouse a cabo, coa colaboración da Policía Local e o Concello, con profesionais da Empresa Marexada, na rúa Estrela en horario de 12 a 3 da madrugada, tendo lugar a maior actividade no stand de 2 a 3. Os encargados/as de levar a cabo este programa foron dous profesionais especialistas na prevención do consumo de sustancias adictivas no lecer nocturno e botellón. A ubicación descríbena os técnicos como moi adecuada posto que se trataba da zona de paso para bares e pubs.
As conclusións podense resumir, polo stand pasaron un total de 50 persoas: 24 homes e 26 mulleres, achegáronse por curiosidade o ver montada unha carpa no medio da rúa con luces, o que facía de reclamo para aproximarse máis e observar os diferentes paneles informativos, o que motivou que estes/as solicitasen información.
A maior parte dos mozos que acudiron ao stand foi para aclarar dúbidas e pedir información sobre sustancias que estaban consumindo ou tiñan pensado consumir, como o cannabis ou a cocaína. A valoración da intervención foi que os moz@s se mostraron moi participativos, o alcohol era durante esa noite a sustancia máis consumida e que tiñan todo tipo de información sobre el, aínda que tamén houbo quen aceptou levar información sobre esta sustancia.